martes, 29 de abril de 2008

CAMPUS ROCK 2008

A Comisión organizadora do Campus Rock, dependente da Vicerreitoría de Cultura e Comunicación da UDC, presenta a nova edición do festival Campus Rock, 2008.
Un ano máis, como é xa tradición na Universidade da Coruña, celebramos o concerto Campus-Rock, edición 2008. Organizado a través da Vicerreitoría de Cultura e Comunicación, o pasado ano organizamos unha nova forma de xestión, formando unha comisión en que interviñeron estudantes e o equipo da Área de Cultura da Vicerreitoría, nun intento por implicalos na vida cultural da Universidade e fomentar a participación e a democratización das actividades culturais de extensión universitaria, o que resultou un éxito rotundo, que repetimos este ano.
Trátase de organizar un evento que, sen obviar o seu carácter lúdico e festivo, teña como referente principal achegarlles aos estudantes da Coruña e de Ferrol un exemplo da rica e variada oferta da música contemporánea actual. Abriremos o festival aos múltiples estilos musicais que existen, nunha época como esta, da “globalización”, onde a hibridación, a mestizaxe e a fusión son procesos que viven todas as artes, tendo sempre como obxectivo e guía a calidade.
O concerto e as actividades complementarias desenvolveranse nos terreos do campus universitario da Coruña, na zona de Elviña. É de destacar o seu alcance mediático, cada ano máis importante, ao ser retransmitido este ano a través das ondas de Radio Nacional de España-R3, ademais dos medios locais. No cartel do concerto, conxugaranse os nomes de dous grupos de prestixio a nivel estatal e tres grupos galegos, que terán a posibilidade de darse a coñecer e de promocionar o seu traballo. Esperamos a asistencia de todos e todas.

En cartel:
* GINFERNO. (surf-psychobilly-ritmos africanos)
* SOUL GESTAPO. (rock-punk-garaje)
* SUGAR MOUNTAIN. (rock)
* COMBO DINAMO. (canción popular melodramática)
* THE PHANTOM KEYS. (garaje-R&B, big beat)

Datos do evento:
* Data: 30/04/08.
* Hora: 20:30 h-2:30 h.
* Lugar: Aparcadoiro da Facultade de Informática (Campus de Elviña).
* Haberá buses desde as 23:00h. até o remate do concerto.

Máis información en:
www.myspace.com/campusrockcoruna
Área de Cultura
Vicerreitoría de Cultura e Comunicación
Casa do Lagar // Campus de Elviña // A Coruña
981.167.000 ext. 1975/1962
secretaria.acultura@udc.es


No hay comentarios: